lunes, octubre 31, 2005

Aprox. 100 CV, secuencial...


Hoxe tocaba escribir a narices, motivos non faltan. O motor a empregar esta listo sobre a mesa de traballo esperando por un cambio de aceite para ser encendido; si se deixa porque a instalación electrica deixa moito que desexar. Xa hai algún croquis de SolidWorks pero hata que encontre unha coroa traseira válida (que non pegue no chan) o tema queda parado. Un saudo.

domingo, octubre 23, 2005

Día de subida!!!

Eran as 7 da mañán e tocaba madrugar. Tras reunirse con certa xente de Lugo, algo tola por certo, acercámonos hata Castro de Beiro a ver que se tramaba por alí. Xa de entrada poidemos votarlle unha visual o xoguete de Baptista (Weber, aluminios anodizados, etc) e a cousa comezaba a poñerse interesante sobretodo coa actuación de Palacios no seu Speed Car GT. Pasamos un rato mais que agradable, cada un soltandoas mais gordas, e tocou recollerse. Durante este tempo a idea do "enxendro" que ando tramando collia forma e un primer bosquexo xa anda pola miña mesa, sinxelo, barato e esperemos que eficaz.... Un saudo xente.

viernes, octubre 21, 2005

Primeiro día...que poñer?


Pois a saber como empezar...En primeiro lugar decir que únicamente se trata de unha pequena proba para comprobar que posibilidades ofrecen estes espacios web que tan de moda se estan poñendo. Con el non pretenderei nada en especial, simplemente colgar aqueles momentos e anécdotas que sucedan entre colegas, así como comentarios acerca do que mais nos gusta: MOTOR!!! e redactar na medida do posible os avances que se leven a cabo nun, esperemos que próximo, proxecto que ronda pola miña cabeza. Aqueles que pensedes mal e me coñezades un mínimo estaredes tremendo...Nada mellor que a miña primeira imaxe para que collades o fio...