sábado, noviembre 26, 2005

Para que non volo perdades

Mais facilidades para descargar o video mediante emule Descargar

Éxito rotundo!!!!


Pois o dito, despois de pelar a instalación tocou votarlle un par de narices e probar a arrancar o trebello, mellor non habelo feito... Coma todo novato, e coa emoción, sempre se esquece un de algo e o bicho non as quería nin de coñas, resultase que co aire aberto e co frio que fai... non somos perfectos. Xa dandose de conta e armados de extintor,debido as condicións precarias do garaxe, pois toque de encendido e o resultado podedelo ver no video. Para baixalo: click no link, na páxina nova click en FREE, e aparece outra na que si LEEDES abaixo de todo pon que tedes que esperar un ratiño, despois xa podedes facer click en descargar. Vale a pena!!
Graciñas Kike e a meu irman Pablo non lle digo nada, mala decisión deixalo a cargo do gas...

Alixeirando peso...


Despois de algún fin de semana sen tocarlle o 750 hoxe non se librou. Pola mañan ocupeime de quitar parte do cableado que sobraba, espero non haberme pasado, e deixar nada mais que o imprescindible para arrancar o motor con comodidade, motor de arranque e circuito de carga incluidos. Agora que se ve sen a asquerosa cinta aislante é facil de descifrar que é cada cousa e despois de comer farei un primeiro croquis do circuito electrico. A idea e que para o kart a instalación sexa refeita completamente para que se adapte as novas dimensións.

sábado, noviembre 12, 2005

Supresor

O supresor de catalizador para o Mini está case listo, falta soldar e darlle unha man de pintura anticalórica. Veremos se funciona ou non. Vou probar a soldar...

viernes, noviembre 11, 2005

Coffee break

Mañá é sabado e vai tocar facer un pequeno invento para darlle algo de vida, e rumorosidade, a Arnal. A idea e que estea listo mañá, como moito a falta para soldar, e así poder estrealo no San Froilán do próximo fin de semana. Veremos que é o que sae.
Tranquilos que non me esquezo do 750!!!

Fase de anteproxecto...

A día de hoxe ó amigo Tomás xa se lle ocurriu algo para levar a cabo o deseño... no fondo ten razón porque finalmente as pinzas dianteiras da moto (4 pistóns) creo que as vou a aprobeitar para calzar os discos dianteiros e a traseira que admite mais espesor para detrás, será por freo. A coroa case solucionado, ten que ser de uns 38 dentes para unha cadea 530, se alguén sabe algo que dea un toque. Quedará darlle a paliza outro rato ás tendas moteiras a ver si hai sorte. Polo momento nada máis, solo decir que cando se ten unha idéa de este tipo sempre hai alguén con menos sentido que ti que xa o fixo antes, senón mirade os links....

martes, noviembre 01, 2005

Menudos 4.


Oxe tocou pasarlle unha primeira limpeza ó cacharro este, a verdade e que da gusto velo, ainda que canto mais me paro, mais grande me parece para este invento. A idea é que este fin de semana faga un soporte provisional para a semana que ven intentar arrancalo e eliminar a instalación electrica sobrante. Ahi queda unha foto.