sábado, diciembre 30, 2006

"Vacacións" de Nadal en Lugo.

Aprobeitando catro días libres durante as Festas nada mellor que desmontar un Mini e volver a armalo... Cambio de embrague, xuntas, novo regulador de presión de gasolina e algo de pintura por aquí e por alá. Aquí quedan as imaxes do proceso e do Mini de Dani que deixa de ser lenda para convertirse no trebello azul das fotografías.

viernes, diciembre 29, 2006

domingo, diciembre 03, 2006

Algunhas fotos pendentes.

Despois de algún tempo bou subir uns collages de fotos pasadas que merece a pena telas por aquí. Falo do DTM 2006 en Montmeló e do Salón Clásico de Porto 2006. Dúas citas sen desperdicio.


Chapuciñas no 106.

Aprobeitando algún rato libre decidín facer algún arranxo pendiente no 106. Pouca cousa, reposicionar o depósito do hidráulico da dirección (xa veremos para que...), eliminar o depósito colector de aceite da respiración que tanto traballo me deu facer (pola mesma razón...) e facer unha nova pantalla térmica para o alternador xa que a de orixe estaba algo deteriorada. Podédela ver nas fotos, en prancha de alumiño no lugar de cartón prensado + alumiño que empregaba a antiga. Resultado: maior rixidez, mais protección e look excelente ;) Na ponte da constitución espero poder manchar as mans con fibra de vidrio e resina epoxy, xa veremos.