domingo, diciembre 03, 2006

Chapuciñas no 106.

Aprobeitando algún rato libre decidín facer algún arranxo pendiente no 106. Pouca cousa, reposicionar o depósito do hidráulico da dirección (xa veremos para que...), eliminar o depósito colector de aceite da respiración que tanto traballo me deu facer (pola mesma razón...) e facer unha nova pantalla térmica para o alternador xa que a de orixe estaba algo deteriorada. Podédela ver nas fotos, en prancha de alumiño no lugar de cartón prensado + alumiño que empregaba a antiga. Resultado: maior rixidez, mais protección e look excelente ;) Na ponte da constitución espero poder manchar as mans con fibra de vidrio e resina epoxy, xa veremos.


No hay comentarios: