domingo, diciembre 18, 2005

Colectores


Na imaxe podese ver unha primeira idea de como van a situarse os colectores de escape. Colocanse deste xeito, abrazando o motor, co fin de reducir a distancia co asento do piloto e facilitar a anclaxe do motor ó chasis. O principal problema e que colocados así pasan moi preto da carburación. Non ten mala pinta pero xa veremos se é válido para a solución final. De novo SolidWorks.
Ups! Esqueceuseme o silenciador...

lunes, diciembre 05, 2005

Transmisión solucionada


Gracias á xente de Motos Sarria xa dispoño da coroa traseira para a cadea 530 da Suzuki así que me aforro o diñeiro, que non é pouco, de unha nova. As miñas aproximacións foron bastante boas xa que finalmente a coroa coa cadea montada ten un diámetro total de 205 mm contra os 200 que eu estrimaba. Parece que todo vai encaixando. A coroa podese ver na foto a falta por mecanizar e alixeirar.