sábado, enero 20, 2007

Primeira "proba"

Non din aguantado e ó fin tiven que probar o kartcross nun anaco de monte aquí ó lado da casa. Demasiadas sensacións como para ser capaz de describilas... aquí un pequeno video; como para marearse!

De JBR '06 - Suzuki

Ademais fotos actualizadas e algunha pequena modificación como o arnés de 6 puntos e o aireador de depósito de GSXR-750.

sábado, enero 13, 2007

Quen fora pequeno...

Pois si, ás veces ser baixo ten as súas ventaxas. Resulta que dentro do kartcross, casco posto, hai un xogo co teito de medio centimetro... vai ser que vou dar mais cabezazos que un futbolista, xa contarei cando o dea probado.

Por outra parte, hoxe foi día de manualidades. Primeiro facer o furado de ventilación no teito (aínda sen acabar), pero reforcei as fibras antes de cortar porque me daba a min que senon ian durar un par de voltas. Cambios nos soportes do radiador para adiantalo e así evitar interferencia coa carroceria na parte traseira. Por último retrovisores novos, moi chulos por certo ;) As fotos na galería.

De JBR '06 - Suzuki

jueves, enero 11, 2007

Buscando axuda para atopar un circuito onde probar o trebello, qué mellor sitio que http://curuxarallye.info para preguntar. Neste link podédes seguir o fío da conversa. Gracias ós foreiros.
Por outra parte, hoxe que tiven un ratíño pola tarde fun ás rebaixas e aquí tendes o que merquei, espero que guste.
Os novos espellos para o JBR sabado que xa estaran colocados.

sábado, enero 06, 2007

Finalmente JBR 2006.

Despois de moito meditar... en fin, que este é o novo xoguete de Iván para este novo ano, non o trouxeron os Reis pero a ilusión é a mesma. O coche estaba en Portugal, moi pouco tempo de uso e ten algún arranxo por facer pero pinta moi ben. As imaxes, os videos e sobre todo os nosos caretos din o resto. A disfrutalo.

martes, enero 02, 2007

Máis fotos.

En teoría o JBR 2006 das fotos anteriores correu en Arteixo este ano pero foi imposible atopar fotos do mesmo. De todos xeitos adxunto as dos modelos similares que máis se asemellan; ¿espectaculares verdade?

Por certo, máis facilidades para subir imaxes gracias a Google Picasa e Álbum Web. Dende agora podedes descargar dende aquí as fotos.