lunes, octubre 22, 2007

domingo, octubre 07, 2007

Salón Automóbil Clásico Porto '07

Pois por aquí quedan unhas fotos do último salón de clásicos en Porto. A calidade e cantidade con respecto o ano pasado mermou considerablemente pero sempre é un pracer poder ver estas latas restauradas ;)
Salón Automóbil clásico Porto 2007

sábado, septiembre 29, 2007

De manualidades

Aprobeitando que non estamos moi liados pois dedícome a facer manualidades... a última esta:

Foto de antes, despois de meter lixa (asusta?) e acabado final. O proceso completo en bmwfaq

domingo, agosto 19, 2007

Último post, por algún tempo.

Bueno, pois pouco que decir. Despois do accidente, e a espera de algún tipo de indemnización tiven que desfacerme do kartcross para poder remplazar ó malparado 106. Cousas que pasan non?? Ó fin un tracción traseira, o meu novo calamar para ir ó traballo, si me deixan volver algún dia.

domingo, marzo 04, 2007

Anelas de remolque.




O campionato á volta da esquina (se hai claro) e a Federación segue sorprendendo... polo de agora o dos transponders de cronometraxe queda aprazado para a tempada 2008. Cambiando de tema, deixo un par de imaxes máis, as anelas de remolque que non quedaron tan mal ;) e as zapatillas.

lunes, febrero 26, 2007

Proba en Mosteiro

Finalmente este sábado achegámonos ó Circuito de Mosteiro coa intención de probar cousas no kartcross. De seguido o resultado da xornada (paciencia que son 10 minutos de video, click sobre el para agrandar).

domingo, febrero 04, 2007

De compras.

Aquí deixo algunhas das fotos do mono, lubas, sotocasco, calcetins... a falta de conseguir as zapatillas.

sábado, enero 20, 2007

Primeira "proba"

Non din aguantado e ó fin tiven que probar o kartcross nun anaco de monte aquí ó lado da casa. Demasiadas sensacións como para ser capaz de describilas... aquí un pequeno video; como para marearse!

De JBR '06 - Suzuki

Ademais fotos actualizadas e algunha pequena modificación como o arnés de 6 puntos e o aireador de depósito de GSXR-750.

sábado, enero 13, 2007

Quen fora pequeno...

Pois si, ás veces ser baixo ten as súas ventaxas. Resulta que dentro do kartcross, casco posto, hai un xogo co teito de medio centimetro... vai ser que vou dar mais cabezazos que un futbolista, xa contarei cando o dea probado.

Por outra parte, hoxe foi día de manualidades. Primeiro facer o furado de ventilación no teito (aínda sen acabar), pero reforcei as fibras antes de cortar porque me daba a min que senon ian durar un par de voltas. Cambios nos soportes do radiador para adiantalo e así evitar interferencia coa carroceria na parte traseira. Por último retrovisores novos, moi chulos por certo ;) As fotos na galería.

De JBR '06 - Suzuki

jueves, enero 11, 2007

Buscando axuda para atopar un circuito onde probar o trebello, qué mellor sitio que http://curuxarallye.info para preguntar. Neste link podédes seguir o fío da conversa. Gracias ós foreiros.
Por outra parte, hoxe que tiven un ratíño pola tarde fun ás rebaixas e aquí tendes o que merquei, espero que guste.
Os novos espellos para o JBR sabado que xa estaran colocados.

sábado, enero 06, 2007

Finalmente JBR 2006.

Despois de moito meditar... en fin, que este é o novo xoguete de Iván para este novo ano, non o trouxeron os Reis pero a ilusión é a mesma. O coche estaba en Portugal, moi pouco tempo de uso e ten algún arranxo por facer pero pinta moi ben. As imaxes, os videos e sobre todo os nosos caretos din o resto. A disfrutalo.

martes, enero 02, 2007

Máis fotos.

En teoría o JBR 2006 das fotos anteriores correu en Arteixo este ano pero foi imposible atopar fotos do mesmo. De todos xeitos adxunto as dos modelos similares que máis se asemellan; ¿espectaculares verdade?

Por certo, máis facilidades para subir imaxes gracias a Google Picasa e Álbum Web. Dende agora podedes descargar dende aquí as fotos.