Aquí queda un novo video do motor funcionando. Falla bastante en baixos, o cilindro numero 1, debe de ser que a carburación está sucia ou desaxustada. O caso e que funciona e para empezar é suficiente.
jueves, febrero 23, 2006
jueves, febrero 16, 2006
Transmisión solucionada
Pois o dito, a coroa xa está mecanizada para a súa montaxe no portacoroas. O acabado final é bastante bo e o axuste perfecto. Falta darlle un pulido final e queda en duda se tratala termicamente ou non, todo depende do custo, das facilidades que teña e si é posible que se deforme a peza durante o temple, haberá que consultalo. Graciñas Uru polo enchufe...



domingo, febrero 12, 2006
Algo de electrónica
Polo momento pódese decir que o tacómetro que ando argallando funciona, non todo o ben que debería pero funciona. Polo momento solo mide as RPM do motor pero a intención e que indique a velocidade, temperaturas varias, shift-light secuencial e a marcha seleccionada. Basicamente é un micro PIC e un circuito optoaislador que capata o sinal do negativo da bobina de encendido. O primeiro banco de probas foi o meu coche que ten duas bobinas e encendido electrónico, tanto o tacómetro como o shift-light funcionaron. Igualmente se comportou medindo a velocidade de xiro en un Mini 850 hasta as 6000 rpm... neste caso trátase de unha soa bobina e encendido por platinos. Pero tras probar nun kart "común" con encendido por inducción con 4 polos parece que o microcontrolador non deixaba de reiniciarse debido a interferencias así que para estas aplicacións non vale. Queda probar a captar o sinal por inducción sobre o cable de alta tensión!! Non hai perigo... O video é a proba no meu coche.
viernes, febrero 10, 2006
Eixo traseiro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)