domingo, febrero 12, 2006

Algo de electrónica

Polo momento pódese decir que o tacómetro que ando argallando funciona, non todo o ben que debería pero funciona. Polo momento solo mide as RPM do motor pero a intención e que indique a velocidade, temperaturas varias, shift-light secuencial e a marcha seleccionada. Basicamente é un micro PIC e un circuito optoaislador que capata o sinal do negativo da bobina de encendido. O primeiro banco de probas foi o meu coche que ten duas bobinas e encendido electrónico, tanto o tacómetro como o shift-light funcionaron. Igualmente se comportou medindo a velocidade de xiro en un Mini 850 hasta as 6000 rpm... neste caso trátase de unha soa bobina e encendido por platinos. Pero tras probar nun kart "común" con encendido por inducción con 4 polos parece que o microcontrolador non deixaba de reiniciarse debido a interferencias así que para estas aplicacións non vale. Queda probar a captar o sinal por inducción sobre o cable de alta tensión!! Non hai perigo... O video é a proba no meu coche.

No hay comentarios: