Bueno, despois de algún tempo parados xa andamos argallando con cousas novas. A verdade é que está sendo difícil atopar pezas de kart en Galicia e debido a iso esta demora. Neste momento xa temos case completo o eixo dianteiro, a falta de adaptar os discos de freo e as pinzas da moto sobre as mangueta... Tamén chegaron os rodamentos traseiros pero seguimos sen ter soportes... vamos, un autentico problema de loxística. O feito e que pasiño a pasiño imos xuntando cousas e, tarde ou temprano, chegará o momento de armalas.
lunes, mayo 01, 2006
sábado, marzo 18, 2006
Abrindo apetito.
Accidente!!
Ggg,facendo limpeza no disco duro atopeime cuns leños e parece que me lastimei un pouco...menudo conto. Andaba fozando para colgar unhas imaxes, as seguintes, e animeime a poñer unha das obras que fixemos no curso de efectos especiais, ainda está fresco...
sábado, marzo 11, 2006
lunes, marzo 06, 2006
Bonito, bonito....
Menudo regalo de cumpreanos que se marcaron con meu irmán... eu non sabía nada.... Anda que non está currado nin nada o volante, en dous tipos de piel e o bordado na parte superior. Ademais a pantalla LCD vai a xogo e queda que nin pintado.
jueves, febrero 23, 2006
Novo video
Aquí queda un novo video do motor funcionando. Falla bastante en baixos, o cilindro numero 1, debe de ser que a carburación está sucia ou desaxustada. O caso e que funciona e para empezar é suficiente.
jueves, febrero 16, 2006
Transmisión solucionada
Pois o dito, a coroa xa está mecanizada para a súa montaxe no portacoroas. O acabado final é bastante bo e o axuste perfecto. Falta darlle un pulido final e queda en duda se tratala termicamente ou non, todo depende do custo, das facilidades que teña e si é posible que se deforme a peza durante o temple, haberá que consultalo. Graciñas Uru polo enchufe...



domingo, febrero 12, 2006
Algo de electrónica
Polo momento pódese decir que o tacómetro que ando argallando funciona, non todo o ben que debería pero funciona. Polo momento solo mide as RPM do motor pero a intención e que indique a velocidade, temperaturas varias, shift-light secuencial e a marcha seleccionada. Basicamente é un micro PIC e un circuito optoaislador que capata o sinal do negativo da bobina de encendido. O primeiro banco de probas foi o meu coche que ten duas bobinas e encendido electrónico, tanto o tacómetro como o shift-light funcionaron. Igualmente se comportou medindo a velocidade de xiro en un Mini 850 hasta as 6000 rpm... neste caso trátase de unha soa bobina e encendido por platinos. Pero tras probar nun kart "común" con encendido por inducción con 4 polos parece que o microcontrolador non deixaba de reiniciarse debido a interferencias así que para estas aplicacións non vale. Queda probar a captar o sinal por inducción sobre o cable de alta tensión!! Non hai perigo... O video é a proba no meu coche.
viernes, febrero 10, 2006
Eixo traseiro.
sábado, enero 21, 2006
De novo Google

Si e que Google non deixará de sorprenderme.Buscando facilidades para que descarguedes os videos (debido ó éxito dos links antigos...) a solución aparece aquí o lado nun beta de Google creado para este fin, a próxima vez xa sei onde buscar. Tende por seguro que con esta facilidade o número de videos seguirá crecendo :)
domingo, diciembre 18, 2005
Colectores

Na imaxe podese ver unha primeira idea de como van a situarse os colectores de escape. Colocanse deste xeito, abrazando o motor, co fin de reducir a distancia co asento do piloto e facilitar a anclaxe do motor ó chasis. O principal problema e que colocados así pasan moi preto da carburación. Non ten mala pinta pero xa veremos se é válido para a solución final. De novo SolidWorks.
Ups! Esqueceuseme o silenciador...
lunes, diciembre 05, 2005
Transmisión solucionada


sábado, noviembre 26, 2005
Éxito rotundo!!!!

Pois o dito, despois de pelar a instalación tocou votarlle un par de narices e probar a arrancar o trebello, mellor non habelo feito... Coma todo novato, e coa emoción, sempre se esquece un de algo e o bicho non as quería nin de coñas, resultase que co aire aberto e co frio que fai... non somos perfectos. Xa dandose de conta e armados de extintor,debido as condicións precarias do garaxe, pois toque de encendido e o resultado podedelo ver no video. Para baixalo: click no link, na páxina nova click en FREE, e aparece outra na que si LEEDES abaixo de todo pon que tedes que esperar un ratiño, despois xa podedes facer click en descargar. Vale a pena!!
Graciñas Kike e a meu irman Pablo non lle digo nada, mala decisión deixalo a cargo do gas...
Alixeirando peso...

Despois de algún fin de semana sen tocarlle o 750 hoxe non se librou. Pola mañan ocupeime de quitar parte do cableado que sobraba, espero non haberme pasado, e deixar nada mais que o imprescindible para arrancar o motor con comodidade, motor de arranque e circuito de carga incluidos. Agora que se ve sen a asquerosa cinta aislante é facil de descifrar que é cada cousa e despois de comer farei un primeiro croquis do circuito electrico. A idea e que para o kart a instalación sexa refeita completamente para que se adapte as novas dimensións.
sábado, noviembre 12, 2005
Supresor
viernes, noviembre 11, 2005
Coffee break
Fase de anteproxecto...

martes, noviembre 01, 2005
Menudos 4.

Oxe tocou pasarlle unha primeira limpeza ó cacharro este, a verdade e que da gusto velo, ainda que canto mais me paro, mais grande me parece para este invento. A idea é que este fin de semana faga un soporte provisional para a semana que ven intentar arrancalo e eliminar a instalación electrica sobrante. Ahi queda unha foto.
lunes, octubre 31, 2005
Aprox. 100 CV, secuencial...

Hoxe tocaba escribir a narices, motivos non faltan. O motor a empregar esta listo sobre a mesa de traballo esperando por un cambio de aceite para ser encendido; si se deixa porque a instalación electrica deixa moito que desexar. Xa hai algún croquis de SolidWorks pero hata que encontre unha coroa traseira válida (que non pegue no chan) o tema queda parado. Un saudo.
domingo, octubre 23, 2005
Día de subida!!!
Eran as 7 da mañán e tocaba madrugar. Tras reunirse con certa xente de Lugo, algo tola por certo, acercámonos hata Castro de Beiro a ver que se tramaba por alí. Xa de entrada poidemos votarlle unha visual o xoguete de Baptista (Weber, aluminios anodizados, etc) e a cousa comezaba a poñerse interesante sobretodo coa actuación de Palacios no seu Speed Car GT. Pasamos un rato mais que agradable, cada un soltandoas mais gordas, e tocou recollerse. Durante este tempo a idea do "enxendro" que ando tramando collia forma e un primer bosquexo xa anda pola miña mesa, sinxelo, barato e esperemos que eficaz.... Un saudo xente.
viernes, octubre 21, 2005
Primeiro día...que poñer?

Pois a saber como empezar...En primeiro lugar decir que únicamente se trata de unha pequena proba para comprobar que posibilidades ofrecen estes espacios web que tan de moda se estan poñendo. Con el non pretenderei nada en especial, simplemente colgar aqueles momentos e anécdotas que sucedan entre colegas, así como comentarios acerca do que mais nos gusta: MOTOR!!! e redactar na medida do posible os avances que se leven a cabo nun, esperemos que próximo, proxecto que ronda pola miña cabeza. Aqueles que pensedes mal e me coñezades un mínimo estaredes tremendo...Nada mellor que a miña primeira imaxe para que collades o fio...
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)