lunes, octubre 22, 2007
domingo, octubre 07, 2007
Salón Automóbil Clásico Porto '07
Pois por aquí quedan unhas fotos do último salón de clásicos en Porto. A calidade e cantidade con respecto o ano pasado mermou considerablemente pero sempre é un pracer poder ver estas latas restauradas ;)
![]() |
Salón Automóbil clásico Porto 2007 |
sábado, septiembre 29, 2007
De manualidades
Aprobeitando que non estamos moi liados pois dedícome a facer manualidades... a última esta:
Foto de antes, despois de meter lixa (asusta?) e acabado final. O proceso completo en bmwfaq


Foto de antes, despois de meter lixa (asusta?) e acabado final. O proceso completo en bmwfaq
domingo, agosto 19, 2007
Último post, por algún tempo.
domingo, marzo 04, 2007
Anelas de remolque.
lunes, febrero 26, 2007
Proba en Mosteiro
Finalmente este sábado achegámonos ó Circuito de Mosteiro coa intención de probar cousas no kartcross. De seguido o resultado da xornada (paciencia que son 10 minutos de video, click sobre el para agrandar).
domingo, febrero 04, 2007
De compras.
sábado, enero 20, 2007
Primeira "proba"
Non din aguantado e ó fin tiven que probar o kartcross nun anaco de monte aquí ó lado da casa. Demasiadas sensacións como para ser capaz de describilas... aquí un pequeno video; como para marearse!
De JBR '06 - Suzuki |
Ademais fotos actualizadas e algunha pequena modificación como o arnés de 6 puntos e o aireador de depósito de GSXR-750.
sábado, enero 13, 2007
Quen fora pequeno...
Pois si, ás veces ser baixo ten as súas ventaxas. Resulta que dentro do kartcross, casco posto, hai un xogo co teito de medio centimetro... vai ser que vou dar mais cabezazos que un futbolista, xa contarei cando o dea probado.
Por outra parte, hoxe foi día de manualidades. Primeiro facer o furado de ventilación no teito (aínda sen acabar), pero reforcei as fibras antes de cortar porque me daba a min que senon ian durar un par de voltas. Cambios nos soportes do radiador para adiantalo e así evitar interferencia coa carroceria na parte traseira. Por último retrovisores novos, moi chulos por certo ;) As fotos na galería.
Por outra parte, hoxe foi día de manualidades. Primeiro facer o furado de ventilación no teito (aínda sen acabar), pero reforcei as fibras antes de cortar porque me daba a min que senon ian durar un par de voltas. Cambios nos soportes do radiador para adiantalo e así evitar interferencia coa carroceria na parte traseira. Por último retrovisores novos, moi chulos por certo ;) As fotos na galería.
De JBR '06 - Suzuki |
jueves, enero 11, 2007

Por outra parte, hoxe que tiven un ratíño pola tarde fun ás rebaixas e aquí tendes o que merquei, espero que guste.
Os novos espellos para o JBR sabado que xa estaran colocados.
sábado, enero 06, 2007
Finalmente JBR 2006.
Despois de moito meditar... en fin, que este é o novo xoguete de Iván para este novo ano, non o trouxeron os Reis pero a ilusión é a mesma. O coche estaba en Portugal, moi pouco tempo de uso e ten algún arranxo por facer pero pinta moi ben. As imaxes, os videos e sobre todo os nosos caretos din o resto. A disfrutalo.
martes, enero 02, 2007
Máis fotos.
En teoría o JBR 2006 das fotos anteriores correu en Arteixo este ano pero foi imposible atopar fotos do mesmo. De todos xeitos adxunto as dos modelos similares que máis se asemellan; ¿espectaculares verdade?
Por certo, máis facilidades para subir imaxes gracias a Google Picasa e Álbum Web. Dende agora podedes descargar dende aquí as fotos.
Por certo, máis facilidades para subir imaxes gracias a Google Picasa e Álbum Web. Dende agora podedes descargar dende aquí as fotos.
sábado, diciembre 30, 2006
"Vacacións" de Nadal en Lugo.
Aprobeitando catro días libres durante as Festas nada mellor que desmontar un Mini e volver a armalo... Cambio de embrague, xuntas, novo regulador de presión de gasolina e algo de pintura por aquí e por alá. Aquí quedan as imaxes do proceso e do Mini de Dani que deixa de ser lenda para convertirse no trebello azul das fotografías.
viernes, diciembre 29, 2006
domingo, diciembre 03, 2006
Algunhas fotos pendentes.
Despois de algún tempo bou subir uns collages de fotos pasadas que merece a pena telas por aquí. Falo do DTM 2006 en Montmeló e do Salón Clásico de Porto 2006. Dúas citas sen desperdicio.
Chapuciñas no 106.
Aprobeitando algún rato libre decidín facer algún arranxo pendiente no 106. Pouca cousa, reposicionar o depósito do hidráulico da dirección (xa veremos para que...), eliminar o depósito colector de aceite da respiración que tanto traballo me deu facer (pola mesma razón...) e facer unha nova pantalla térmica para o alternador xa que a de orixe estaba algo deteriorada. Podédela ver nas fotos, en prancha de alumiño no lugar de cartón prensado + alumiño que empregaba a antiga. Resultado: maior rixidez, mais protección e look excelente ;) Na ponte da constitución espero poder manchar as mans con fibra de vidrio e resina epoxy, xa veremos.
domingo, octubre 29, 2006
Impresionante test Jean Ragnotti.
...deuxieme, troixieme, quatrieme, tiralle!! Sen dúbida, os Renault son máis rápidos nas súas mans, todo un espectáculo.
lunes, agosto 28, 2006
Circuito "pick-up" do tacómetro

Vista a interese dos visitantes no circuito electrónico do tacómetro decidinme, agora que teño algo de tempo libre, a colgalo no blog. Cabe decir que non se trata de un cirucito propio senon que foi atopado navegando na web, simplemente está adaptado e testeado nun coche con encendido electrónico e un de platinos obtendo bos resultados. Ademais neste momento está en fase de evolución para un pequeno proxecto.... O esquema adxunto soamentes corresponde ó acondicionamento da sinal recollida nos cables de baixa tensión da bobina. No meu caso, para simplificar a programación do PIC (non mostrado) emprego un flip-flop para dividir a frecuencia á metade, de tal maneira que o tempo en estado alto/baixo correspondese co tempo entre chispas. En PicBasic Pro pode obterse este valor (t) simplemente coa orde pulsin Pin... Para pasar a rpm opérase da seguinte maneira:
rpm = 1 / (n*t)
Onde t e o ancho de pulso en minutos e n un valor que depende do numero de chispas por revolución, no caso de 4 cilindros e unha bobina vale 2, etc... Para calquer cuestion ou dubida contactar por e-mail. Espero colgar o resto do circuito ainda que non ten nada especial, fonte de alimentación, LCD e pouco mais.
lunes, mayo 01, 2006
Despois de algún tempo...
Bueno, despois de algún tempo parados xa andamos argallando con cousas novas. A verdade é que está sendo difícil atopar pezas de kart en Galicia e debido a iso esta demora. Neste momento xa temos case completo o eixo dianteiro, a falta de adaptar os discos de freo e as pinzas da moto sobre as mangueta... Tamén chegaron os rodamentos traseiros pero seguimos sen ter soportes... vamos, un autentico problema de loxística. O feito e que pasiño a pasiño imos xuntando cousas e, tarde ou temprano, chegará o momento de armalas.
sábado, marzo 18, 2006
Abrindo apetito.
Accidente!!
Ggg,facendo limpeza no disco duro atopeime cuns leños e parece que me lastimei un pouco...menudo conto. Andaba fozando para colgar unhas imaxes, as seguintes, e animeime a poñer unha das obras que fixemos no curso de efectos especiais, ainda está fresco...
sábado, marzo 11, 2006
lunes, marzo 06, 2006
Bonito, bonito....
Menudo regalo de cumpreanos que se marcaron con meu irmán... eu non sabía nada.... Anda que non está currado nin nada o volante, en dous tipos de piel e o bordado na parte superior. Ademais a pantalla LCD vai a xogo e queda que nin pintado.
jueves, febrero 23, 2006
Novo video
Aquí queda un novo video do motor funcionando. Falla bastante en baixos, o cilindro numero 1, debe de ser que a carburación está sucia ou desaxustada. O caso e que funciona e para empezar é suficiente.
jueves, febrero 16, 2006
Transmisión solucionada
Pois o dito, a coroa xa está mecanizada para a súa montaxe no portacoroas. O acabado final é bastante bo e o axuste perfecto. Falta darlle un pulido final e queda en duda se tratala termicamente ou non, todo depende do custo, das facilidades que teña e si é posible que se deforme a peza durante o temple, haberá que consultalo. Graciñas Uru polo enchufe...



domingo, febrero 12, 2006
Algo de electrónica
Polo momento pódese decir que o tacómetro que ando argallando funciona, non todo o ben que debería pero funciona. Polo momento solo mide as RPM do motor pero a intención e que indique a velocidade, temperaturas varias, shift-light secuencial e a marcha seleccionada. Basicamente é un micro PIC e un circuito optoaislador que capata o sinal do negativo da bobina de encendido. O primeiro banco de probas foi o meu coche que ten duas bobinas e encendido electrónico, tanto o tacómetro como o shift-light funcionaron. Igualmente se comportou medindo a velocidade de xiro en un Mini 850 hasta as 6000 rpm... neste caso trátase de unha soa bobina e encendido por platinos. Pero tras probar nun kart "común" con encendido por inducción con 4 polos parece que o microcontrolador non deixaba de reiniciarse debido a interferencias así que para estas aplicacións non vale. Queda probar a captar o sinal por inducción sobre o cable de alta tensión!! Non hai perigo... O video é a proba no meu coche.
viernes, febrero 10, 2006
Eixo traseiro.
sábado, enero 21, 2006
De novo Google

Si e que Google non deixará de sorprenderme.Buscando facilidades para que descarguedes os videos (debido ó éxito dos links antigos...) a solución aparece aquí o lado nun beta de Google creado para este fin, a próxima vez xa sei onde buscar. Tende por seguro que con esta facilidade o número de videos seguirá crecendo :)
domingo, diciembre 18, 2005
Colectores

Na imaxe podese ver unha primeira idea de como van a situarse os colectores de escape. Colocanse deste xeito, abrazando o motor, co fin de reducir a distancia co asento do piloto e facilitar a anclaxe do motor ó chasis. O principal problema e que colocados así pasan moi preto da carburación. Non ten mala pinta pero xa veremos se é válido para a solución final. De novo SolidWorks.
Ups! Esqueceuseme o silenciador...
lunes, diciembre 05, 2005
Transmisión solucionada


sábado, noviembre 26, 2005
Éxito rotundo!!!!

Pois o dito, despois de pelar a instalación tocou votarlle un par de narices e probar a arrancar o trebello, mellor non habelo feito... Coma todo novato, e coa emoción, sempre se esquece un de algo e o bicho non as quería nin de coñas, resultase que co aire aberto e co frio que fai... non somos perfectos. Xa dandose de conta e armados de extintor,debido as condicións precarias do garaxe, pois toque de encendido e o resultado podedelo ver no video. Para baixalo: click no link, na páxina nova click en FREE, e aparece outra na que si LEEDES abaixo de todo pon que tedes que esperar un ratiño, despois xa podedes facer click en descargar. Vale a pena!!
Graciñas Kike e a meu irman Pablo non lle digo nada, mala decisión deixalo a cargo do gas...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)